Noticias :: Destacado :: Test rápido Covid-19 a disposición dos nosos pacientes

Headline news

Test rápido Covid-19 a disposición dos nosos pacientes

Thursday 16 July 2020

Existe unha necesidade urxente de test rápidos para xestionar a pandemia crecente. 

No Centro Sanitario Foltra comezaremos a realizar o test rápido COVID-19 IgG/ IgM. Trátase dun test inmunocromatográfico que detecta a presenza de anticorpos IgG e IgM fronte a SARS- COV-2, que é o virus responsable do COVID-19, tamén coñecido como coronavirus.

Como se realiza o test?
O test rápido faise mediante unha pequena mostra de sangue que adoita saír dunha pequena picada cunha lanceta no dedo. Posteriormente, vértense unhas pingas do reactivo sobre o detector e tras 10-15 minutos de espera teremos os resultados. A sensibilidade dos nosos test é do 95.5% aínda que do mesmo xeito que ocorre con todos o test de diagnóstico, os seus resultados deben ser considerados xunto con información clínica adicional dispoñible do paciente. Se o resultado da proba é negativo e, os síntomas persisten, é recomendable utilizar outros métodos clínicos.
Como segue sendo habitual durante esta crise sanitaria, tentamos mellorar os nosos métodos de prevención día a día, por isto cremos que este é un paso lóxico nesa dirección.
 

More about: Covid 19 , coronavirus , test , foltra
Latest News
google-site-verification: google81e0cc3b4a44a066.html