Apneas do soño

As apneas do soño son a interrupción ou a superficialidade da respiración durante o soño, que pode durar desde uns poucos segundos ata un par de minutos. Débense principalmente a que se bloquea a vía respiratoria mentres durmimos, o que pode deberse a un maxilar inferior máis curto do normal, obesidade, ter un coo pescozo grande, vexetacións, entre outros. Sufrir apneas supón un problema que se relaciona con diversas patoloxías, entre elas moitas a nivel cardíaco, tumores, depresión, obesidade, alteración do comportamento, TDAH infantil, impotencia, bruxismo e, sobre todo, somnolencia diúrna. Son unha das causas principais de accidentes tanto laborais como na estrada.

En caso de querer saber se un sofre de apneas, existen algúns sinais de alerta como poden ser o ronquido, somnolencia diúrna, hipertensión ou os evidentes espertares súbitos durante a noite.

Como se solucionan?

As apneas teñen solución, xa que existen diversos métodos para tratalas. Segundo o tipo de apnea, a causa e a frencuencia de apneas e hipoapneas por hora, pódense expor diversas solucións. Para iso, realízase un test diagnóstico. En Foltra, dáse acceso a un equipo que é entregado ao paciente para que poida realizar a análise do soño en casa, dunha maneira máis cómoda que ter que estar hospitalizado durante toda unha noite. Os resultados entréganse en poucos días.

Para máis información ponche en contacto connosco e pide unha consulta gratuíta para informarche.
google-site-verification: google81e0cc3b4a44a066.html