Unidade de dificultades escolares

 

A área de dificultades escolares ten como finalidade o desenvolvemento de habilidades cognitivas e académicas en todas aquelas situacións que precisen dun reforzo educativo e que requiran dun apoio extraordinario para avanzar na súa aprendizaxe, minimizando o déficit, conseguindo deste xeito un maior nivel de integración social e unha mellora na calidade de vida. . 

Este Reforzo Cognitivo nace da necesidade dos nosos pacientes de recibir un apoio de forma individualizada, na estimulación e/ou recuperación das distintas funcións cognitivas, así como un apoio a nivel escolar/académico, proporcionando desta forma, xunto co resto de áreas, unha rehabilitación integral e funcional ao paciente, co fin de mellorar a súa calidade de vida, desenvolvendo, mantendo e optimizando as súas capacidades e habilidades para afrontar o seu futuro.

Moitas das actuacións da nosa área están dirixidas ao desenvolvemento de habilidades nas áreas de linguaxe, escritura, lóxica-matemática, pero tamén conforman parte deste campo os procesos cognitivos básicos como a atención, percepción, memoria, velocidade de procesamento, orientación espacial e temporal... insistindo na integración do cognitivo e o instrumental. O noso maior campo de actuación é o reforzo escolar/académico. Os nenos/ as ou adolescentes que asisten a Foltra adoitan pasar longas tempadas sen asistir aos seus centros educativos de referencia. Algúns acoden a colexios ou institutos próximos, pero non sempre reciben toda a atención personalidade e individualiza que necesitan para o correcto desenvolvemento das súas capacidades e habilidades cognitivas, algo que lles é necesario para poder desenvolver con éxito o seu proceso educativo.

Por iso desde a área de Reforzo Cognitivo ofrécese un servizo de apoio totalmente adaptado a cada un dos nosos/ as pacientes, para reforzar e ampliar os contidos e aprendizaxes que necesitan alcanzar para poder superar o seu curso escolar/académico. Con este fin deséñase para cada paciente un programa de actuación individualizado que consiste nun plan de traballo no que se establecen os obxectivos e contidos a alcanzar a través dunhas actividades especialmente deseñadas e estruturadas


AS ÁREAS DE INTERVENCIÓN SON:

- Comunicación e linguaxe.
- Lóxico-matemática.
- Identidade e autonoía persoal.
- Coñecemento da contorna.
- Estimulación multisensorial.
- Reforzo de procesos cognitivos básicos.

 

google-site-verification: google81e0cc3b4a44a066.html