Obra social da Fundación Foltra

   Axudar a personas con danos neurolóxicos
 
 
Un dos principais obxectivos da Obra Social da Fundación Foltra é axudar a persoas con dano neurolóxico que carecen de medios económicos a afrontar tratamentos de rehabilitación, tanto física como intelectual, para tratar de conseguir a súa reincorporación á sociedade.

Ata a data Fundación Foltra axudou a nenos con parálise cerebral infantil, lesionados medulares, persoas que sufriron accidentes de tráfico, que padecen enfermidades dexenerativas como ELA, entre outros.

A nosa axuda céntrase en financiar o tratamento de recuperación no Centro Sanitario Foltra (xestionado pola Fundación) a pacientes que carecen de medios económicos. E para realizar este labor de axuda son básicos os donativos recibidos. Os recursos sempre son limitados, pero a demanda de axuda por parte de persoas afectadas está a incrementarse constantemente.

Para más información podes escribir a obrasocial@foltra.org
Se queres colaborar connosco pódelo facer seguindo estes pasos: COLABORA

 

 

google-site-verification: google81e0cc3b4a44a066.html