Unidade de rehabilitación pediátrica

 

A Rehabilitación Pediátrica é proceso onde se valora aos nenos de manera integral para establecer o diagnóstico e tratamento precoz das alteracións da función motora, ortopédica o psicomotora no neno, así como o prognóstico da posible situación de discapacidade, a súa prevención e tratamiento; todo ello dentro de una perspectiva global del niño y su entorno.

As terapias desde as que podemos abordar estos problemas son:

- Fisioterapia: Dirixido a lograr o mellor desenvolvo psicomotriz do neno con dano neurolóxico a través dunha abordaxe multidisciplinar e co obxectivo común de restaurar a función e mellorar a calidade de vida. En Foltra contamos con especialistas formados no Concepto Bobath, en Lle Metayer, en Vojta, en Método Therasuit, en Fisioterapia respiratoria e en Estimulación Basal.

- Logopedia: Valorar e tratar as dificultades da linguaxe, tanto comprensivo como expresivo, oral e escrito, a succión, deglución, masticación, fala, voz e respiración.

- Neuropsicoloxía: Achegando novos coñecementos dos procesos de aprendizaxe, das súas bases neuropsicolóxicas e dos niveis de neurodesarrollo de cada etapa educativa para previr dificultades, desenvolver capacidades, intelixencias e talentos, así como para dar unha resposta educativa, científica e profesional, que faga posible a aplicación de metodoloxías, programas e recursos acordes cos tempos actuais.

-Terapia Ocupacional: Aumentar a capacidade do neno para desempeñar con éxito as actividades da vida cotian e intervenir cando dita capacidade está en risco ou dañada por cualquer causa.

-Integración sensorial:Esta área conta cun maior fincapé na rehabilitación infantil. Trátase da capacidade do Sistema Nervioso Central ( S. N. C.) para organizar e interpretar as informacións captadas polos diversos sistemas sensoriais. Estas experiencias sensoriais, nunha contorna enriquecedora, axudarán ao neno para desenvolver as súas destrezas, a súa participación e a súa capacidade de desempeño.

- Outras: EINA, Estimulación Basal, Hidroterapia, Therasuit, ...

 

google-site-verification: google81e0cc3b4a44a066.html