Hidroterapia

 
A hidroterapia neurolóxica ou terapia acuática é unha modalidade de asociación entre os coñecementos fisioterapéuticos no proceso de rehabilitación neurolóxica e os beneficios que a contorna acuática pode achegar. Esta modalidade engloba diferentes técnicas ( Halliwick, Bad Ragaz, Watsu) e está indicado para a recuperación dos procesos patolóxicos de calquera idade.

Os obxectivos da terapia acuática en pacientes neurolóxicos son:

- Redución do ton muscular.
- Prevención de contracturas.
- Mellora do equilibrio estático e dinámico.
- Beneficios cardiovasculares.
- Motivación, recreación e socialización.

Beneficios en lesión neurolóxica:

- O efecto da flotación ofrece unha diminución do peso corporal, permitindo ás persoas con debilidade muscular adquirir posturas ergueitas de maneira precoz no seu proceso de recuperación.
- A flotación tamén pode xerar dificultades no movemento cando as características físicas da persoa incrementan a debilidade muscular, como no caso de aumento de tecido adiposo, hipotonía ou falta de control postural en fase subaguda dunha persoa con ictus.
- Ao realizar movementos rápidos prodúcense turbulencias que ofrecen maior resistencia ao movemento. Ademais de fortalecerse músculos debilitados, tamén pode incrementarse o estímulo sensitivo, facilitando patróns de movemento como os da marcha..

 
google-site-verification: google81e0cc3b4a44a066.html