Unidade de lesión medular

 

A Lesión Medular ( LM) defínese como un proceso patolóxico de causa variable que resulta da alteración temporal ou permanente da función motora, sensitiva e/ou autonómica dun paciente por baixo do nivel da lesión. Dependendo da localización do dano, poderá afectar a extremidades superiores, tronco, abdome, órganos pélvicos e/ou extremidades inferiores. A etiología da LM pode ser adquirida (traumática: a máis frecuente) ou conxénita.

Os accidentes de tráfico son a causa máis frecuente de lesión medular traumática (38,5%), inclúen tanto aos ocupantes de vehículos, como os atropelos. As caídas son a segunda causa, sendo os accidentes laborais e as producidas desde alturas (tellados, escaleiras, etc.) as máis significativas.

As súas consecuencias son moi importantes para o paciente e tamén para a súa familia. É por iso que a nosa metodoloxía engloba un equipo Interdisciplinar que aborda os aspectos clínicos, sen esquecer os psicolóxicos, sociais, familiares, etc. O nivel, a extensión e a fase evolutiva da lesión posibilitan coñecer o seu impacto funcional e expor os obxectivos rehabilitadores que se pretende alcanzar co tratamento integral da lesión.

A valoración neurolóxica na lesión medular leva a cabo seguindo as directrices de ASIA ( American Spinal Injury Association), baseadas nunha exploración sistematizada das funcións motoras e sensitivas.


Así, o Método de Rehabilitación en Foltra, baseado nun traballo Interdisciplinar que coordina o tratamento Rehabilitador engloba a varios servicios entre os que se atopan:
- Servicio Médico (Médico Rehabilitador e Endocrinólogo)
- Fisioterapia (Osteopatía, Fisioterapia Respiratoria, Suelo Pélvico, ...)
- Hidroterapia.
- Terapia Ocupacional.
- Logopedia
- Sala Cardiovascular (Lokohelp, Motomed, Estación RIC, Plataforma vibratoria, ...)
- Psicoloxía (para pacientes e familiares que o necesiten)
- Servizo de Enfermería.
- Outros servizos.

google-site-verification: google81e0cc3b4a44a066.html