Reforzo cognitivo


A área de Reforzo Cognitivo nace da necesidade dos nosos/ as pacientes, tanto nenos/ as como adultos/ as, de recibir unha estimulación na recuperación ou mellora da atención, memoria, concentración, percepción para aprendizaxes e tamén apoio a nivel escolar/académico proporcionando así, unha rehabilitación integral e funcional ao paciente co fin de mellorar a súa calidade de vida, desenvolvendo, mantendo e optimizando as súas capacidades e habilidades para afrontar o futuro.

Os obxectivos específicos que se perseguen son:

- Desenvolver a competencia comunicativa a través da comprensión e expresión oral, a lectura e a escritura.
- Estimular a capacidade lóxico-matemática a través do razoamento, a interpretación da información, a comprensión e resolución de problemas.
- Coñecer o seu propio corpo e as súas posibilidades mostrando unha actitude de respecto e tolerancia cara aos demais.
- Favorecer o descubrimento, representación e orientación a través dos diferentes contextos que compoñen o contorno.
- Estimular sensorialmente proporcionando información ao sistema de forma graduada para provocar a acción ao nivel que o paciente poida responder.
- Potenciar procesos e habilidades cognitivas básicas como a atención, memoria, orientación témporo-espacial, percepción e velocidade de procesamento. n alteracións cognitivas ou con incapacidade para identificar cheiros.

google-site-verification: google81e0cc3b4a44a066.html