Unidade de mínima conciencia

 

A estimulación basal é o método que se aplica para pacientes con mínima conciencia. É unha forma de comunicación e estimulación global, orientada ás necesidades básicas e sinxelas das persoas afectadas que están nunha situación vital difícil. A Estimulación Basal realízase mediante 3 vías ou sistemas, que son os máis primitivos do ser humano:
1. Somático: toma como órgano perceptivo o corpo, e en especial a pel, cuxa función de límite entre a integridade corporal e o medio é obxectivo a desenvolver.
2. Vibratorio: os ósos e outras caixas de resonancia son os encargados de posibilitar a asimilación das ondas sonoras que nos chegan en forma de vibración e que se traducen nunha experiencia interna. O fin é é que a persoa sexa capaz de notar/sentir a profundidade do seu corpo, de sentir o núcleo duro, para así gañar máis estabilidade ou control postural.
3. Vestibular: é no oído interno de onde parte a información que posibilita a nosa orientación no espazo e configura a construción do equilibrio. Os receptores atópanse no oído interno. Proporciónanos a información do noso corpo no espazo.


OBXETIVOS:
- Aumentar a conexión coa contorna.
- Incrementar nivel de alerta.
- Promover a integración do propio corpo.
- Favorecer a integración sensorial.
- Percibir e discriminar experiencias táctiles.
- Fomentar a conciencia do movemento de cada unha das extremidades así como estimular e/ou facilitar a aparición de movementos activos.
- Estimular a prensión voluntaria.
- Aumentar a percepción interna.
- Sentir a profundidade do propio corpo.
- Favorecer a orientación no espazo.

google-site-verification: google81e0cc3b4a44a066.html