Fisioterapia

A fisioterapia neurolóxica aborda as secuelas derivadas de lesións no sistema nervioso central e periférico. O obxectivo principal é reeducar as funcións sensitivo-motoras alteradas cun tratamento específico e individualizado para mellorar a calidade de vida e o benestar da persoa. O fisioterapeuta guiará ao paciente nesta nova aprendizaxe para que, a través do proceso da plasticidade cerebral, as novas conexións neuronais que se formen sexan as adecuadas.

Patoloxías a tratar:
- Parálise cerebral
- Dano cerebral adquirido: Traumatismo cranioencefálico, accidente cerebrovascular ( ACV ou ICTUS), tumores cerebrais, anoxias cerebrais e infeccións cerebrais (meninxites, encefalitis…)
- Lesión medular
- Espiña bífida
- Enfermidades dexenerativas: Esclerose múltiple, esclerose lateral amiotrófica, atrofia muscular espinal….
- Síndromes: síndrome de Down, West, Guillain- Barré….
- Alteracións mecano-sensitivas e neuromeníngeas do sistema nervioso periférico
- Calquera tipo de alteración neurolóxica que curse con dor (dor neuropático)

Especialidades e técnicas de traballo
Especialidades: Fisioterapia pediátrica e no adulto, terapia acuática, solo pelviano, fisioterapia respiratoria.
Técnicas: Concepto Bobath, Perfetti, Lle Metayer, Vojta, Therasuit, Neurodinámica, Kabat, Castelo Morais, Punción Seca, Halliwick e Bad Ragaz.

Metodoloxía do traballo
1. Valoración inicial: realizamos unha primeira valoración para detectar os principais problemas motóricos e sensitivos do paciente. Aplicamos unha batería de escalas e test que nos axudan a determinar o grao da afectación. En base a iso, estableceremos obxectivos acordes e específicos conxuntamente co resto do equipo multidisciplinar.
2. Tratamento: O terapeuta leva a cabo unha intervención adaptada ás necesidades individuais de cada paciente, establecendo un plan de tratamento específico acorde aos obxectivos exposto.

google-site-verification: google81e0cc3b4a44a066.html