Estimulación para todos os sentidos

 

A integración sensorial é a capacidade que posúe o sistema nervioso central ( S. N. C.) de interpretar e organizar as informacións captadas polos diversos órganos sensoriais do corpo. Ditas informacións, recibidas polo cerebro, son analizadas e utilizadas para permitirnos entrar en contacto co noso ambiente e responder adecuadamente. Divídese en catro obxectivos:


ESTIMULACIÓN VISUAL
- Percibir obxectos. 
- Comprobar resposta ante un estímulo.
- Determinar a existencia da dominancia nun dos ollos en tarefas visuais.
- Desenvolver e reforzar o control voluntario dos movementos dos ollos.
- Favorecer o contacto visual.
- Promover a fixación da mirada/manter contacto ocular.
- Promover a atención cara á outra persoa nos seus movementos, xestos e accións.
- Favorecer a atención visual cara aos obxectos.
- Promover a exploración dos obxectos.
- Estimular o seguimento visual de obxectos en movemento.

ESTIMULACIÓN AUDITIVA
- Recoñecer, localizar e identificar sons.
- Discriminación de son-silencio.
- Atención a estímulos auditivos.
- Recoñecer e reaccionar ante sons producidos por obxectos de uso frecuente.
- Identificar a voz de persoas adultas e familiares.
- Recoñecer mediante a voz os diferentes estados de ánimo. 
- Reaccionar ante a variación do volume da música, intensidade da voz…
- Reaccionar ante a produción de sons agradables/desagradables.

ESTIMULACIÓN TÁCTIL
- Percibir experiencias táctiles.
- Tolerancia ao contacto físico.
- Sentir o propio corpo e aumentar a conciencia das diferentes partes do corpo.
- Discriminar texturas.
- Diferenciar obxectos polo tacto.
- Recoñecer as diferentes calidades do obxecto.
- Memoria táctil.
- Alcance de obxectos.
- Utilizar o tacto como unha fonte de exploración das diferentes partes do corpo e de distintos obxectos

ESTIMULACIÓN COMUNICATIVA
- Desenvolver a intención comunicativa, promovendo a necesidade de comunicarse coas diferentes persoas e en diferentes contextos.
- Favorecer os prerrequisitos da comunicación.
- Responder ante distintos estímulos da contorna.
- Propiciar o xogo vocálico.
- Potenciar a imitación.
- Manifestar o estado de ánimo mediante vocalizaciones.
- Responder á chamada.
- Favorecer a percepción de continxencias.
- Comprender ordes sinxelas.

google-site-verification: google81e0cc3b4a44a066.html