A.F.A (actividade física adaptada)

 

Na área de A. F.A. integrada por Licenciados en Ciencias da Actividade Física e da Saúde, trabállase desde un enfoque multidisciplinar e individualizado.
Co obxectivo compartido coas diferentes áreas do Centro, que é conseguir a mellora do paciente con dano neurolóxico, enfocado desde a súa patoloxía e cunha perspectiva saudable. Partindo da especificidade para chegar a un tratamento global. Todo iso nunha contorna próxima que facilita a relación profesional e repercute positivamente no resultado final.

Obxetivos

-Influír beneficiosamente na mecánica corporal, así como na funcionalidade dos distintos órganos.
-Mellorar a calidade do paciente, tanto desde o punto de vista funcional, como saudable.
-Mellorar a condición física do paciente.
-Dar a coñecer ao paciente as instrucións básicas para unha posterior práctica do exercicio físico.
-Crear hábitos para a práctica do exercicio.

Como é a metodoloxía de traballo?

A cada paciente prográmaselle un plan de traballo individualizado e específico, en función da súa patoloxía e cun terapeuta concreto, seguindo un procedemento de actuación:
-Valoración inicial (tests funcionais)
-Proposta e obxectivos de tratamento
-Seguimento e evolución -Recollida datos

Quen pode beneficiarse?

Persoas con trastornos neurolóxicos, tanto do sistema nervioso central como periférico:
-Enfermidades xenéticas
-Trastornos convulsivos
-Problemas co desenvolvemento do sistema nervioso
-Enfermidades dexenerativas
-Afeccións traumáticas do sistema nervioso central
-Lesións en medula espinal e cerebro
-Patoloxías cardiorespiratorias

google-site-verification: google81e0cc3b4a44a066.html