Ir ao contido

Quen nos sostén

Fundación Foltra

Detrás do centro sanitario hai unha fundación. Aquí explícase como se goberna, en que se empregan os recursos e como se pode colaborar.

Para que existimos

Misión

Maximizar a autonomía, a calidade de vida e o futuro de nenos e adultos con retos neurolóxicos ou discapacidades complexas a través da excelencia terapéutica, o rigor científico e unha xestión sociosanitaria transparente e eficaz.

Visión

Ser o referente absoluto en neuroxénese reparadora, plasticidade cerebral e intervención temperá en Galicia, demostrando que baixo unha estimulación coordinada e personalizada sempre hai espazo para a evolución.

Valores

  • Fe

    no potencial humano

  • Optimismo

    ante as dificultades

  • Loita

    diaria ao lado do paciente

  • Traballo

    rigoroso, científico e constante

Fe, Optimismo, Loita e TRAballo: F.O.L.T.R.A.

Como se goberna

O padroado

O padroado é o órgano que goberna a fundación: aproba as contas, decide en que se empregan os recursos e responde de que a actividade do centro se corresponda cos fins fundacionais.

Presidenta
Ana María Peleteiro Bandín
Secretario
Jesús J. U. Devesa Múgica
Vogais
Ana DevesaLaura DevesaPablo DevesaAlejandro Devesa

Composición vixente do padroado da Fundación Foltra.

Comité ético

Un órgano independente do padroado e da dirección médica, encargado de velar por que a práctica clínica e a actividade investigadora do centro se axusten aos principios éticos que lles corresponden.

Servizos externos

Hai funcións que a fundación non presta por si mesma e encarga fóra, porque así se fan mellor e con control independente.

  • Asesoría xurídica
  • Informática
  • Analíticas clínicas
  • Xestión externa

Transparencia

As memorias anuais e as contas publicaranse nesta sección. Pendente de que o cliente facilite os documentos e decida a partir de que exercicio se publican.

Como colaborar

Foltra é unha fundación sen ánimo de lucro. O que entra por doazóns emprégase no propio centro: en manter e renovar o equipamento, nas instalacións e na atención a quen non pode asumir o custo completo do seu tratamento.

Colaborar

Cada doazón queda no centro

Foltra é unha fundación sen ánimo de lucro. O que entra por doazóns emprégase no propio centro: en manter e renovar o equipamento, nas instalacións e na atención a quen non pode asumir o custo completo do seu tratamento.

  • Equipamento

    Manter e renovar os aparellos cos que se traballa cada día, e poder incorporar outros novos.

  • As instalacións

    A piscina, o ximnasio e as salas de terapia necesitan mantemento constante para seguir en uso.

  • A atención

    Poder atender a persoas e familias que non poden asumir o custo completo dun tratamento longo.

Por transferencia

Podes facer a túa doazón por transferencia á conta da fundación. Indica o teu nome no concepto para que poidamos agradecercho.

Titular
FUNDACIÓN FOLTRA
IBAN · Banco Sabadell
ES20 0081 2154 7900 0104 5710

As achegas a fundacións desgravan na declaración da renda. Se queres o teu certificado de doazón, escríbenos indicando o teu nome, o teu NIF e a data da transferencia:

donacion@foltra.org

Identificación

Entidade
FUNDACIÓN FOLTRA
CIF
G70246558
Constituída
22 de marzo de 2010
Rexistro de Fundacións de Interese Galego
nº 2010/09
Rexistro sanitario
nº 15002173
Coñecer o centro sanitario