Ir ao contido

Órtese robotizada de xeonllo

O Centro Sanitario Foltra conta cun novo equipo: a primeira órtese robotizada de xeonllo con rixidez adaptable, unha ferramenta multisensorizada para a neurorrehabilitación de alteracións motoras nas extremidades inferiores producidas por ictus, traumatismos, fracturas, etc.

Ten como beneficios a análise biomecánica do movemento e da postura do paciente, o control dos movementos activos e pasivos do xeonllo e do nocello, e a valoración da forza e do rango articular do xeonllo.

Con iso recupérase a mobilidade da extremidade afectada en menos tempo, con precisión e cun dispositivo de alta tecnoloxía. Permítenos visualizar en tempo real como evoluciona e recupera a funcionalidade da extremidade afectada.